Prórroga do estado de alarma e relaxión das medidas para os menores

TerraChaXa
O Pleno do Congreso aprobou este mércores unha terceira prórroga do estado de alarma decretado polo Goberno pola pandemia do coronavirus e que levará as restricións actuais ata o próximo 10 de maio.
23 Abr 2020

O Pleno do Congreso aprobou este mércores unha terceira prórroga do estado de alarma decretado polo Goberno pola pandemia do coronavirus e que levará as restricións actuais ata o próximo 10 de maio. Iso si, é a votación na que se computaron máis votos en contra, os 62 que suman Vox e os independentistas cataláns ce Junts e a CUP.

Pero a vista está posta xa no 10 de maio, o primeiro día despois do último período de alarma previsto ata o momento. Aínda que entón mantéñase a situación de excepción, os expertos consultados cren que xa será noutras condicións. Será o inicio verdadeiro da chamada desescalada da que deu indicios Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, decindo que están preto de poder empezar a relaxación das medidas do estado de alarma.

Facelo primeiramente por comunidades e por sectores son algunhas das ideas que se barallan pero das que aínda non hai nada decidido.

O que si se sabe é que será paulatina e que pode ter marcha atrás se se detecta un empeoramento da situación.

Pero a primeira medida de relaxación dará comezo o luns 27 de abril, xa que os menores de ata 14 anos poderán saír unha hora ao día entre as nove da mañá e as nove da noite acompañados dun adulto responsable co que convivan, que pode ser o seu irmán maior, se ten máis de 18 anos. Non poderán desprazarse a máis dun quilómetro de distancia da súa casa, pero si poderán levar os seus xoguetes á rúa, como pelotas ou patinetes.

Se poden usar as zonas comúns das urbanizacións dependerá do que decidan as comunidades de veciños, pero en calquera caso os menores non poderán compartir nin xoguetes, nin xogar en instalacións comúns que usen outros pequenos.

Iglesias compareceu xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, e confirmou que non sei abrirán xardíns. Iso si, os nenos que vivan en zonas rurais poderán saír polo campo ou o bosque respectando a distancia con outras persoas. En todo momento, o adulto que lles acompañe deberá terlles controlados.

Cada adulto poderá saír con ata tres nenos. Os menores poderán "correr, saltar e facer exercicio" sempre que se respecten as condicións de distancia social, sendo o "ideal" os dous metros e o mínimo, un metro. Ademais, os nenos e nenas poderán sacar á rúa os seus xoguetes, pero non poderán facer uso de espazos comúns como parques infantís. Mentres, os pequenos que presenten síntomas como febre, que puidesen ser compatibles cos do coronavirus ou que estean en corentena non poderán saír á rúa.

MÁSCARAS

Preguntado sobre se os menores terán que levar máscaras neses paseos, o vicepresidente dixo que non son obrigatorias, pero se se van a un sitio con moita xente no que non se poida manter a distancia, é recomendable, como o resto da poboación.

Outra das medidas aprobadas foi o regulamento do prezo das máscaras debido aos abusos detectados. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, informou de que a Comisión Interministerial de Prezos de Medicamentos e Produtos Sanitarios acordou fixar o prezo máximo de venda ao público das máscaras cirúrxicas nos 0,96 euros.

0.19051790237427