Protección Civil das Pontes recibe equipamento de emerxencias da Xunta

TerraChaXa
O material entregado enmárcase na orde de axudas aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos
material-proteccion-civil-as-pontes
Presentación da plataforma
15 Xul 2024

A Xunta de Galicia fixo entrega esta semana de diverso material de emerxencias a 86 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) doutros tantos concellos ou mancomunidades galegos entre as que se atopaban as dos concellos de Ares e As Pontes.

Así a AVPC de Ares recibiu un kit de material para as emerxencias no medio acuático que consiste nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios. Pola súa banda, a agrupación das Pontes foi beneficiaria dun kit de material loxístico para a seguridade viaria no que se inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas. Ambos equipamentos suman unha achega de máis de 9.600 euros.

O material entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

A Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais. Só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. Ademais, neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

0.17979907989502