Proxectan a segunda película ao aire libre este mércores en Meira
O mércores 28 volverá haber Cine na Rúa en Meira coa proxección de Cuñados na Praza do Convento ás 21.15 horas e en caso de mal tempo, trasladarase á casa da cultura no mesmo horario.
A familia Ribeiro está para gozar das festas preferidas de todo bo ourensán: o Entroido. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados abriron un posto de polbo en Ourense, unha estratexia perfecta para branquear o diñeiro do botín que sacaron na primeira entrega. Entre unha cousa e outra, Modesto integrouse como un membro máis da familia: un cuñado adicional. Porén, a aparición en Ourense de Andreia Nunes, a parella do portugués detido, en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados. Este novo enredo culminará cun cadáver na ponte internacional de Tui, transformando este Entroido nun baile de máscaras auténtico.