Proxectan nas Pontes o documental 'A Nave das Marías', candidato aos Metres Mateo

TerraChaXa
O salón de acto da Casa Dopeso acollerá o venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas a proxección do documental A Nave das Marías, producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina, veciña das Pontes.
casa dopeso as pontes reservado minusvalia
casa dopeso as pontes reservado minusvalia
12 Mar 2024

O salón de acto da Casa Dopeso acollerá o venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas a proxección do documental A Nave das Marías, producido pola ONG Ecos do Sur e dirixido por Saamira Ganay e Cris Andina, veciña das Pontes.

O documental, que opta aos premios Meste Mateo 2024 na categoría de mellor documental, fala sobre a importancia do teatro como ferramenta de intervención social. Así, as persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral A Nave das Marías contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nese momento das súas vidas, deixando testemuña de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas.

A Nave das Marías foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.

Ao remate da proxección haberá un coloquio sobre o documental no que participarán Nerea Gonzáles, psicóloga e axente de igualdade en Ecos do Sur, Saamira Ganay, profesora do laboratorio teatral e coodirectora do documental e Cris Andina, coodirectora e realizadora do documental.

0.17704892158508