Psicólogos... e eso que vén sendo?

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Achégate á psicoloxía da man de Lorena Maradona que fai comprender a necesidade de axuda nos difíciles momentos da vida.
lorena
17 Xan 2021

Por Lorena Maradona. Psicóloga

A min non me fai falta ir ó psicólogo; pero ti que tes que ir facer a un psicólogo que non estás tolo; sempre é bon que abran centros de psicólogos porque xente tola hai… Estas e outras lindezas seguro que estamos todos cheos de escoitar en moitas ocasións. A que se debe? Ó descoñecemento total e absoluto da realidade da profesión da psicoloxía e ,por que non dicilo, á ignorancia da poboación en xeral de cara a tratar de coñecer a que se adica cada profesional.

Un psicólogo é un coñecedor da conducta humano, un experto no cambio do comportamiento, que ensina recursos psicolóxicos ás persoas para solucionar os problemas da vida cotiá, facilitando así a súa adaptación ó contexto no que viven e tratando de que se sintan ben a corto, medio e longo prazo. Falamos de problemas psicolóxicos cando a relación que existe entre a persoa e o seu entorno crea insatisfacción e /ou perxuicios a ela misma ou ós que a rodean.

Os problemas psicolóxicos non teñen nada que ver cas “enfermedades mentais”, que consideran que o problema está no interior da persona e que existe unha causa orgánica que orixina todo e un conxunto de síntomas específicos que se manifestan. Por exemplo, decir que unha persoa é tímida non quere decir que teña unha enfermidade incurable ou que teña unha característica de personalidad que non poida cambiar. Simplemente quere decir que a persoa nas relación interpersoais emite conductas ineficaces para sentirse ben ou para conseguir os obxectivos que desea .

As técnicas de intervención psicolóxicas tratan de responder á pregunta: ¿Cómo aprendemos a comportarnos da forma na que o facemos?

O tratamento psicolóxico require un traballo conxunto e coordinado entre o psicólogo e a persoa que demanda axuda. O profesional pode sinalar cales son os comportamentos e pautas que o paciente debería aplicar para solucionar o seu problema e ademais pode e deber facilitar as condicións para que ditas conductas se realicen, pero finalmente, se o paciente non as pon en práctica, o problema probablemente non se solucionará. É moi importante recalcar que os psicólogos non estamos para “dar consellos”, nin para decir o que teñen que facer as persoas . Simplemente, tras varias sesión de avaliación nas que tratamos de chegar a coñecer en profundidade o que está ocorrendo nese caso, tratamos de orientar, guiar, soster…a esa persona facendo sempre que reflexione sobre o antes, o agora, o despois, as causas, as consecuencias…do que está a vivir e tendéndolle un apoio para que ela mesma poida avanzar sen a necesidade de contar con nós, pois o único que se busca ou debería de buscar dende a nosa profesión é que o paciente acade unha alta ou cando menos mellor calidade de vida.

Na miña consulta vense problemas relacionados coa psicoloxía clínica como trastornos depresivos e de ansiedade, trastornos obsesivo-compulsivos, trastornos relacionados con traumas e factores de estrés, trastornos alimentarios, do sono, do control de impulsos, de personalidad… Abarco tamén o interesante mundo da sexoloxía. Ás veces ós pacientes pode costarlles dar o primeiro paso de acudir a consulta por unha circunstancia relacionada coa súa vida sexual ou da súa parella como por exemplo eyaculación precoz, disfunción eréctil, anorgasmia, vaginismo… pero dende que perciben que este tema é tratado en consulta dunha forma totalmente natural, reláxanse por completo e dan o mellor de si para solucionar problemas que, aínda que poda parecer extraño, son bastante doados de tratar. É moi reconfortante tamén o tema da neuropsicoloxía.¿Que é eso vos preguntaredes? Pois non é mais  que tratar de coñecer os déficits cognitivos (atención ,linguaxe, memoria, razoamento…) e comportamentais que se producen nunha persoa despois de haber sufrido algunha lesión ou disfunción no cerebro (ictus isquémico ou hemorráxico, traumatismo craneoencefálico, demencias, infeccións, tumores…) De sabido o que ocorre, tratamos de propoñer un programa de rehabilitación personalizada que nos axude a compensar, sustituir ou optimizar as funcións deterioradas.

0.18183708190918