Psicoloxía do testemuño
Por Pablo Figueiras e Aranzazú Rodilla
No ámbito xudicial cada día cobra maior interese a actuación dos criminólogos, quen grazas á súa formación multidisciplinar poden axudar a “humanizar” e facilitar o traballo dos outros profesionais que actúan na Administración de Xustiza. No presente artigo imos falar sobre a psicoloxía do testemuño, amparada dentro da chamada Psicoloxía Xurídica, unha especialidade coa que se tenta asesorar e tratar aqueles fenómenos que inciden no comportamento legal das persoas.
O testemuño é un acto fundamental no dereito procesual, e o que se tenta é determinar si existe exactitude e credibilidade nas declaracións das testemuñas presenciais dun feito delituoso, isto é, se o testemuño é de calidade.
A memoria xoga un papel importante, e dela depende a exactitude da declaración, pero hai outros factores que poden afectar á mesma, como poden ser o tempo de exposición, a iluminación, a distancia, así como a idade da testemuña, entre outras. Tamén hai que ter en conta aquelas situacións que xeran ansiedade e tensión, pois poden dificultar lembrar aquilo que se observou, e demostrouse que estes factores poden inhabilitar a moitas testemuñas.É importante tamén que non transcorra moito tempo desde que se observa o feito de interese e cando se vai a dar o testemuño, xa que feitos ou informacións posteriores poderían alterar o recordo.
A actitude de quen leva a cabo o interrogatorio tamén debe de actuar de forma conveniente, creando un ambiente de tranquilidade, ademáis de deixar á testemuña narrar de forma libre os feitos, xa que se demostrou que desta forma, sen preguntas pechadas e dirixidas, os testemuños son máis certeiros e sen menos lagoas.
Hai que ter en conta, tras os datos sinalados, que a testemuña pode errar na súa declaración sen ser consciente, por iso é polo que haxa técnicas de interrogatorio que poden axudar a dar un testemuño máis próximo á realidade. Múltiples estudos demostran que tanto a forma de vestir, a aparencia física, a aparente seguridade, o prestixio, etc., inflúen de forma indirecta na percepción que se ten de si unha persoa pode ser ou non crible, algo que ten moi estudado nos tribunais americanos, habendo profesionais que preparan tanto ás testemuñas como participan na selección dos xurados. As técnicas utilizadas coas testemuñas para discernir se son relatos reais ou ficticios, tamén serven e úsanse como método para coñecer se unha vítima dun delito o foi ou non, en especial con nenos, tanto se son testemuñas como se son os que reciben o obxecto do delito.
No caso dos menores hai dous factores que inflúen en gran medida, a idade (a menor idade adoitan ser máis suxestionables), así como a técnica de interrogatorio utilizada, onde funciona mellor o relato libre fronte ás preguntas específicas, do mesmo xeito que sucede cos adultos.
Os profesionais que desempeñan a súa actividade buscando a credibilidade e veracidade dos testemuños, utilizan varias ferramentas que lles axudan, o que unido á experiencia e ao coñecemento da linguaxe non verbal, lógrase ter unha visión bastante clara de se un testemuño correspóndese ou non coa realidade.
En calquera ámbito da vida a credibilidade é moi importante, en especial no ámbito penal, onde en moitas ocasións xógase que unha ou varias persoas poidan ser acusados dun delito, o que podería implicarlles mesmo perda de privación de liberdade, por iso é polo que a actuación do criminólogo teña cada vez máis interese, polos seus bos resultados, na Administración de Xustiza.