Quedan prazas libres no PAI de Muras

TerraChaXa
Xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2023-2024.
pai mras
pai mras
13 sep 2023

O Concello de Muras abriu un novo prazo de inscrición no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2023-2024. Este é debido a que quedan prazas libres neste centro.

Este será o sexto ano escolar que estará en funcionamento aínda que no primeiro só estivo uns meses.

O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido cunha metodoloxía de calidade por proxectos.

A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 982 500001.