QuerENDO, mulleres con endometriose realiza unha enquisa entre mulleres afectadas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A través dun formulario quérese saber como foron atendidas nas diferentes áreas sanitarias
endometriose
21 sep 2024

A asociación galega QuerENDO, mulleres con endometriose está a desenvolver unha campaña en toda Galicia para determinar a atención sanitaria a mulleres con este problema.

Nestes momentos a asociación está facendo unha pescuda entre as mulleres que padecen endometriose para saber como está sendo a atención que reciben nas diferentes áreas sanitarias da comunidade. O obxectivo final deste estudo é loitar por melloras no servizo e darlle visibilidade a situación real das doentes.

A asociación compartiu en liña un cuestionario ao que se pode acceder a través dun QR adxunto nas súas redes sociais, nas súas listas de distribución. Solicítase que se cubra o mesmo, que non leva máis de cinco minutos, e que é totalmente anónimo.

0.095002889633179