Quintela, en Castro de Rei, estará de festa esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
A música correrá a cargo do grupo D' Kris, Dj Bombardero e o dúo Venus
FESTAS-QUINTELA
21 Aug 2026

A localidade de Quintela, en Castro de Rei, continúa esta fin de semana coas súas festas na honra a San Roque e Santa María. O sábado 15 tivo lugar unha previa con misa solemne, comida e cea veciñal a cargo de Trasno e amenizada por Belehm Arencibia.

O sábado 22, a festividade dará comezo cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú da man do grupo D'Kris, que se encargará de amenizar a verbena da noite xunto con Dj Bombardero.

O domingo haberá música tradicional a partir das 11:30 horas. O oficio relixioso será ás 13:00 horas, para dar paso a unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Venus na que, a maiores, se organizará unha degustación gratuíta de Galicia sabe amar.

Durante a fin de semana proverase dun inchable para a rapazada, totalmente gratuíto.

 

0.12807607650757