Rábade acolle esta tarde a proxección do documental 'A terra por gañar' cun coloquio posterior

A Casa das Insuas de Rábade será escenario este venres 8 de maio, ás 20.30 horas, da proxección do documental A terra por gañar. Unha historia do ecoloxismo galego, unha peza audiovisual centrada na loita pola defensa do territorio e na evolución do movemento ecoloxista en Galicia.
A actividade inclúe ademais un coloquio posterior coa participación de Froilán Pallín, exsecretario xeral de Adega, que analizará co público os principais temas abordados no documental e a situación actual do ecoloxismo galego.
O evento está organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, Casa das Insuas e Adega, contando coa colaboración do Concello de Rábade.
Os promotores destacan o carácter divulgativo da cita, que pretende achegar á veciñanza a historia das mobilizacións ambientais en Galicia e reflexionar sobre os retos actuais na protección do medio natural.