Rábade acolle este xoves un taller gratuíto de danza butoh e dinámicas corporais

O Centro Sociocultural de Rábade acollerá este xoves, 20 de agosto, de 17:00 a 20:00 horas, o taller gratuíto «Corpos en transformación», unha proposta de danza butoh e dinámicas corporais impartida por Águeda Ortega e Orfilia Seijas.
A actividade está deseñada para explorar outras formas de movemento a través de diferentes dinámicas corporais e exercicios de improvisación, favorecendo a escoita, a presenza e a imaxinación das persoas participantes.
O taller desenvolverase baixo o título Cara á danza do misterio que somos e terá lugar na sala do Centro Sociocultural de Rábade. As persoas que participen deberán levar roupa cómoda que permita moverse con facilidade, así como unha botella de auga. A actividade realizarase sen calzado.
As persoas interesadas en participar poden reservar praza ou solicitar máis información nos teléfonos 691 325 827 e 639 813 924. Tamén poden consultar máis detalles nas páxinas web de Águeda Ortega e Orphélieu.