Rábade acolle un curso de manipulador de alimentos

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade organiza un curso de de manipulador de alimentos para o sábado 6 de maio no centro sociocultural
cartel manipulador de alimentos cervo
cartel manipulador de alimentos cervo
2 may 2023

O Concello de Rábade organiza un curso de manipulador de alimentos para o sábado 6 de maio. Este taller terá unha duración de tres horas.

Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.

Impartirase en horario de 10.00 a 13.00 horas no centro sociocultural desta localidade por un técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade.

Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.