Rábade acollerá un curso de introdución á lingua e á cultura galegas para persoas nacidas fóra de Galicia

LugoXa | TerraChaXa
O curso terá unha duración total de 20 horas e desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 horas
lingua-galego
4 Oct 2026

Rábade acollerá do 19 ao 23 de outubro unha nova edición do curso de introdución á lingua e á cultura galegas, unha formación dirixida a persoas nacidas fóra de Galicia que desexen achegarse ao idioma e á cultura do país.

O curso terá unha duración total de 20 horas e desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 horas nas instalacións de AFER Formación, situadas na rúa Alcalde Ángel Penas número 9.

A actividade está destinada a persoas maiores de 16 anos e conta cun máximo de 20 prazas. Poderán participar aquelas persoas que dispoñan de DNI, NIE ou pasaporte.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poden contactar coa Cruz Vermella no teléfono 607 346 269 ou co Concello de Rábade a través da traballadora social.

Ao rematar a formación, as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo das 20 horas de formación realizadas.

0.11892414093018