Rábade acollerá unha xornada da Liga Galega de Clubs de halterofilia e o Campionato Galego Absoluto

O Concello de Rábade converterase este sábado, 2 de maio, nun dos epicentros da halterofilia galega coa celebración da II Xornada da Liga Galega de Clubs e do Campionato Galego Absoluto desta disciplina deportiva.
A competición desenvolverase no pavillón municipal de Rábade e reunirá a deportistas e clubs chegados de diferentes puntos de Galicia, nunha cita que servirá para medir o nivel dos mellores halterófilos da comunidade autónoma.
A xornada deportiva dará comezo ás 9:00 horas e espérase unha importante participación tanto de competidores como de afeccionados a este deporte. Con esta iniciativa, Rábade reforza a súa aposta pola promoción de eventos deportivos e pola dinamización da actividade competitiva no municipio.