Rábade acolleu a presentación do libro ‘Cartafolio del Centenario’ nun acto polo aniversario municipal

LugoXa | TerraChaXa
O Centro Sociocultural reuniu autoridades e representantes culturais nunha cita enmarcada na programación do segundo ano do centenario da independencia do concello
rabade-presentacion-libro-‘Cartafolio-del-Centenario
31 May 2026

O Centro Sociocultural de Rábade foi escenario esta tarde da presentación da obra Cartafolio del Centenario, escrita por Manuel Lage, nun acto que reuniu representantes institucionais e figuras vinculadas ao ámbito cultural.

A presentación contou coa participación de Elena Pérez Ferreiro, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Luis Francisco Lage de la Fuente e da alcaldesa, Reme González, que acompañaron ao autor nunha xornada centrada na posta en valor da historia local.

O evento enmárcase dentro do programa de actividades impulsado polo Concello de Rábade para conmemorar o segundo ano do centenario da declaración do municipio como concello independente. Esta efeméride está a ser celebrada cunha programación cultural que busca reforzar a memoria colectiva e a identidade local.

Desde o Goberno municipal destacan que esta iniciativa forma parte dunha mañá conmemorativa na que se pretende poñer en valor a evolución histórica de Rábade e o seu papel no contexto comarcal ao longo do último século.

0.12498593330383