Rábade aproba o acondicionamento do barrio da Ponte

TerraChaXa
O Concello de Rábade ven de aprobar un investimento de 129.
60163969_2218961984987829_2493397754219331584_n
3 Jun 2019

O Concello de Rábade ven de aprobar un investimento de 129.630 euros ao acondicionamiento do barrio da Ponte, que incluirá o amaño da rúa José Pardo, no entorno da Ponte Medieval, cantidade da que o Concello realizará a achega de 8.152.

O proxecto, que se executará no presente ano, leva a recuperación do pavimento orixinal, renovación de servizos, execución de novas beirarrúas, adecuadas ao entorno desta emblemática zona, e carrís bici, así como unha franxa de zona verde, para separar a zona rodada da zona peonil. As actuacións para acondicionar esta contorna non acabarían con este proxecto, senón que, continuarán a partir do mes de setembro coa realización dun taller de emprego organizado polo Concello, co que se planea reparar o pavimento da rúa Río Miño.

O alcalde, Francisco Fernández Montes, explicou que están a espera de aprobar a licitación da obra unha vez recibida a comunicación oficial da aprobación por parte da Diputación, para executala leste mesmo ano.

O convenio asinado a comezos deste ano entre o Concello e Adif tamén terá repercusión na zona. Xa que se atopa en licitación o proxecto que permitirá acondicionar o paso a nivel sen barreiras na contorna de O Cruceiro e o acondicionamiento desa zona.

60163969_2218961984987829_2493397754219331584_n
0.16338610649109