Rábade, Begonte, Castro de Rei, Friol e Outeiro de Rei dan continuidade ao servicio de Prevención de Condutas Aditivas

LugoXa | TerraChaXa
No marco do servizo, que se estende dende xullo de 2025 ata xuño de 2028, desenvolveranse programas e actividades de prevención no ámbito educativo, familiar, da xuventude e comunitario
firma-convenio-servicio-prevencion-condutas-aditivas
5 Nov 2026

Representantes dos Concellos de Rábade, Begonte, Castro de Rei, Friol e Outeiro de Rei mantiveron unha reunión co obxecto de asinar a nova addenda vinculada ao convenio do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da agrupación, para o período 2025-2028, co obxectivo de garantir o financiamento do servizo compartido.

Na sinatura participaron Reme González, alcaldesa de Rábade; José Ulla, alcalde de Begonte; Francisco Javier Balado, alcalde de Castro de Rei; José Pardo, alcalde de Outeiro de Rei; e María de los Ángeles Buján, delegada da Alcaldía e concelleira de Desenvolvemento Local, Cultura, Turismo e Sanidade de Friol.

Esta sinatura garante unha achega total de 68.000 € por parte da agrupación, correspondente a unha contribución de 13.600 € por parte de cada un dos cinco concellos integrantes. O servizo conta tamén cunha subvención de 120.373,81 euros concedida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade (outubro de 2025-xuño de 2028). Este servizo conta cun financiamento total para este período que ascende a 188.378,81 €.

No marco do servizo, que se estende dende xullo de 2025 ata xuño de 2028, desenvolveranse programas e actividades de prevención no ámbito educativo, familiar, da xuventude e comunitario, co propósito de promover a saúde e o benestar da veciñanza.

Esta actuación conxunta permitirá así dar continuidade ao servizo e desenvolver iniciativas orientadas á promoción da saúde e do benestar da cidadanía.

0.12828707695007