Rábade celebra o X Maratón de Fútsal esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Este ano, permítense equipos mixtos, que competirán na categoría masculina. E, como en anos anteriores, haberá torneo de tute
maraton-e-torneo-futbol-sala-rabade
20 Jul 2026

Outro ano máis, e xa son 10, o Insuas do Miño Rábade FS organizará esta fin de semana o Maratón de fútbol sala de Rábade, concretamente os días 24, 25 e 26 de xullo, ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.

Este ano, permítense equipos mixtos, que competirán na categoría masculina. E, como en anos anteriores, haberá torneo de tute, tamén no pavillón municipal, e algunha novidade máis. Este último terá lugar o mesmo venres a partir das 17.30 horas.

Haberá premios para os catro primeiros equipos clasificados (entre 1.000 e 200 puntos), ademais de un recoñecemento de outros 200 puntos para o mellor equipo do Concello.  O prazo para anotarse, cun cota de 150 puntos, remata antes do sorteo, que será o 23 de xullo.

Para informarse ou inscribirse poden poñerse en contacto con Sergio (654 481 013) ou Antón (626 194 335).

0.12312006950378