Rábade continúa esta semana coa súa programación vinculada ao Día da Muller

TerraChaXa
Comeza a campaña Rábade en Igualdade, para incidir na promoción da igualdade dentro da comunidade no Día da Muller.
rabade en igualdade dia da muller portada
8 Mar 2022

Comeza a campaña Rábade en Igualdade, para incidir na promoción da igualdade dentro da comunidade. Principalmente traballando dende a sensibilización, a información e a prevención para crear conciencia dos beneficios de apostar por unha sociedade máis igualitaria e polo tanto máis xusta.

Este ano 2022, e dentro das actividades enmarcada no 8 de marzo, Día Internacional da muller levaranse a cabo unha serie de actividades que teñen como finalidade promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, nenas e nenos.

Así, no mes de febreiro estivo aberta a mostra Á violencia de xénero dille non! no IES Río Miño, unha exposición gráfica ilustrada dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Trátase dunha actuación da Secretaría Xeral de Igualdade.

Ademais, mañá será o espectáculo Rockeamos todas con Pakolas, dirixido a todo o alumnado do CEIP Otero Pedrayo, espectáculo musical de Rockeamos todas con Pakolas no que as protagonitas son Elas: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poner en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades e do loita polo respecto e a liberdade .Esta actividade está financiada a través do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero.

A formación continúa o xoves dez de marzo cun obradoiro sobre muller e saúde, de 16.30 a 20.00 horas no centro sociocultural de Rábade. Tratáse dun obradoiro dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde (menopausa, osteoporose, xinecoloxía, etc). O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde.

A última cita do programa serán o obradoiros de promoción da igualdade e aportación de libros coeducativos, na semana do 30 de marzo que se realizará no CEIP Otero Pedrayo, obradoiros de promoción da igualdade dirixidos ao alumnado de infantil e primaria onde se abordarán a través dos contos e os xogos os estereotipos e roles de xénero existentes ainda na sociedade, así como a corresponsabilidade; estes obradoiros serán levados a cabo por Noelia Darriba educadora social da cooperativa Atalaia social.

A estas actividades súmase a aportación por parte do Concello de libros coeducativos ao centro co fin de dar continuidade no centro a esta labor educativa. Estas actividades están financiadas a través Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero).

0.06951379776001