Rábade convoca o segundo Mercado de Nadal dentro da programación festiva

O Concello de Rábade organiza os días 26 e 27 de decembro o II Mercado de Nadal de Rábade 2026, que se celebrará na Praza de Abastos, no Campo da Feira.
O prazo para inscribirse e participar nesta iniciativa permanecerá aberto ata o vindeiro 9 de decembro. O mercado contará con postos de artesanía, alimentación, agasallos, produtos de Nadal e outros artigos.
O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. A participación será gratuíta e as solicitudes poderán presentarse nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico asociocultural@rabade.org.
As bases e o formulario de inscrición están dispoñibles mediante o código QR do cartel. Para obter máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 390 062, extensión 1.