Rábade fai unha homenaxe ao párroco de San Vicenzo
LugoXa | TerraChaXa
A veciñanza de Rábade fará unha homenaxe ao párroco de San Vizcenzo, coñecido como Don Francisco, polos 40 anos de servizo e con motivo da súa xubilación.
3 sep 2024
A veciñanza de Rábade fará unha homenaxe ao párroco de San Vizcenzo, coñecido como Don Francisco, polos 40 anos de servizo e con motivo da súa xubilación.
A reunión terá lugar o 15 de setembro e consistirá nunha misa ás 12.00 horas e unha comida no Coto Real a partir das 14.00 horas.
As persoas que desexen participar poden recoller as súas invitacións no centro de saúde e no concello. Teñen un prezo de 50 euros.