Rábade organiza un “Recheo de Outono” con sorteo de agasallos e cafeciño para o público adulto

LugoXa | TerraChaXa
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata este venres 18
bolas-de-bingo
17 Sep 2026

O Concello de Rábade celebrará este sábado, 19 de setembro, unha actividade dirixida ao público adulto baixo o nome de Recheo de Outono, unha proposta lúdica que combinará un sorteo de agasallos cun encontro social acompañado dun cafeciño.

A cita terá lugar ás 18.00 horas no Centro Sociocultural de Rábade e está concibida como unha actividade gratuíta destinada a favorecer a participación veciñal e ofrecer unha alternativa de lecer durante a tempada estival.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar previamente a súa inscrición na Área de Cultura e Deporte do Concello. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata este venres 18.

Desde o Concello animan á veciñanza a sumarse a esta iniciativa, que permitirá desfrutar dunha tarde de convivencia e optar aos diferentes agasallos que se sortearán durante o evento.

0.10061597824097