Rábade organiza unha excursión a Fisterra e Muxía este sábado

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Área de Cultura e Deporte do Concello
virxe-da-barca-de-muxia
15 Oct 2026

O Concello de Rábade organiza para este sábado, 17 de outubro, unha excursión a Fisterra e Muxía, na Costa da Morte, co obxectivo de coñecer algúns dos lugares máis destacados destes dous municipios.

A xornada permitirá visitar o faro de Fisterra e contemplar o horizonte Finis Terrae, así como achegarse ao santuario da Virxe da Barca e ao cabo Touriñán, en Muxía.

O prezo da excursión é de 35 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús, o seguro e a comida. A iniciativa forma parte das actividades impulsadas polo Concello para promover o coñecemento de Galicia e facilitar visitas a diferentes puntos de interese do territorio.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade. Para obter máis información, tamén poden chamar ao teléfono 982 390 062, extensión 1, ou escribir ao enderezo electrónico asociocultural@rabade.org.

0.14756417274475