Rábade presenta o programa de actividades de conciliación para o verán

LugoXa | TerraChaXa
Están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 16 anos e o prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio
campamento-urbano-rabade
16 Apr 2026

O Concello de Rábade dá a coñecer o Programa Corresponsabilidade, que inclúe as distintas actividades organizadas para os meses de xuño, xullo e agosto co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante o período de vacacións escolares.

As propostas están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. O prazo de inscrición desenvolverase do 4 ao 29 de maio. As solicitudes deberán formalizarse na área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade. As prazas son limitadas.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 390 062 (extensión 1) ou no enderezo electrónico asociocultural@rabade.org.

O programa inclúe tres actividades. Unha delas é o Campus de patinaxe, que ten un custo de 30 euros e desenvolverase os días 22, 23, 25, 26 e 29 de xuño no pavillón municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos.

Haberá tamén un campamento de verán cun prezo de 40 euros, que terá lugar do 6 ao 10 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 10:00 a 20:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Tamén haberá un campamento urbano cun custo de 70 euros, entre o 29 de xuño ao 31 de xullo no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Mocidade en acción contará cun prezo de 15 euros e inclúe actividades o 25 de xuño (visita ao Aquapark de Cerceda) e o 7 de xullo (actividades en Viveiro). Dirixido a mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Aventuras Camp é outra das actividades previstas que terá un custo de 40 euros. Desenvolverase do 3 ao 14 de agosto no Centro Sociocultural, en horario de 9:00 a 14:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. No caso de participar tamén no campamento urbano, o prezo conxunto será de 100 euros.

Finalmente, Coñecendo o Miño é unha actividade gratuíta que se desenvolverá do 1 de xullo ao 12 de agosto, os luns e mércores, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos.

As actividades desenvólvense en colaboración coa Xunta de Galicia e o Programa Corresponsables.

cartel-actividades-veran-rabade
0.11993479728699