Rábade recupera o tradicional Entroido en dúas sesións

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade recupera Entroido tradicional, con dúas sesións, a primeira delas será a festa infantil e despois o concurso
entroido rabade portada
entroido rabade portada
15 feb 2023

O Concello de Rábade recupera Entroido tradicional, con dúas sesións, a primeira delas será a festa infantil o luns 20 de febreiro de 17:00 a 20:30h no Centro Sociocultural, onde haberá música, xogos e moita diversión, tamén contarán con merenda para todos os asistentes.

O martes 21 de febreiro será a quenda do concurso e desfile de disfraces na Prazuela a partir das 17:00h, aínda que as inscricións deben facerse ás 16:00 horas na mesma Prazuela. Esta festa estará amenizada polo grupo La Disquetera.

Ao remate do desfile e gracias á colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade, haberá unha degustación de sobremesas típicas do Entroido para todos os asistentes.

Os premios en cada categoría serán, na modalidade adulto, de 300 euros para o primeiro, o segundo de 200 e o terceiro de 100. Na modalidade adulto parella ou individual, o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50.

Na modalidade infantil comparsas o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 80, o terceiro de 60 e o cuarto premio estará valorado en 40 euros. Na modalidade infantil parella ou individual, o primeiro premio será de 80 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 30 euros.

entroido rabade