Ramil celebrará as súas festas na honra de Santa Mariña cunha churrascada popular e tres xornadas de música e tradición

A parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei, xa ten todo preparado para celebrar as tradicionais festas na honra de Santa Mariña, que se desenvolverán os días 7, 8 e 9 de agosto cun programa no que se combinarán os actos relixiosos, a gastronomía popular e a música en directo.
As celebracións arrancarán o venres 7 cunha churrascada popular de balde para todas as persoas asistentes, que dará comezo a partir das 22.00 horas. A continuación celebrarase a primeira gran verbena das festas, que estará amenizada pola orquestra X-Plosión.
O sábado 8 será a xornada central das celebracións. Ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne na honra de Santa Mariña, seguida da tradicional procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú e, xa pola noite, a verbena correrá a cargo do grupo Fénix.
As festas concluirán o domingo 9 cunha nova misa solemne ás 13.30 horas e a correspondente procesión. A sesión vermú estará amenizada polo Dúo Belinda, que porá o broche musical á programación deste ano.
Durante as festas tamén haberá colchonetas gratuítas para o público infantil, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer para toda a familia.