Raquel Quizás ofrecerá un espectáculo para as nenos e as familias en Outeiro de Rei

TerraChaXa
O vindeiro sábado día 16 ás 18 horas, Raquel Queizás ofrecerá na Casa-Museo Manuel María un espectáculo de narración oral dirixido para os nenos e as súas familias.
RAQUEL QUEIZÁS
14 Feb 2019

O vindeiro sábado día 16 ás 18 horas, Raquel Queizás ofrecerá na Casa-Museo Manuel María un espectáculo de narración oral dirixido para os nenos e as súas familias.

A maleta da avoa é unha actividade de contos e lendas tradicionais galegas en que se empregan monicreques e obxectos.

Raquel Queizás, contadora de contos e actriz, salienta que “...desde pequena escoitaba os contos da avoa de mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite esta actividade. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo...”.

O espectáculo vai dirixido para nenas e nenos a partir de 3 anos e as persoas interesadas en asistiren, poden reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Para máis información podese chamar a Raquel Queizás 600670740 e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, 616190349

0.1562819480896