Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino nun acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo

TerraChaXa
O recoñecemento entregarase o 20 de agosto en Oza (Teo) e distinguirá a traxectoria do xornalista e activista cultural natural dos Vilares, en Guitiriz
GUITIRIZ caxato avelino
5 Aug 2026

O xornalista, escritor e activista cultural Raúl Río será distinguido co Caxato de Avelino, un recoñecemento que homenaxea persoas comprometidas coa defensa da cultura e da identidade galega, coincidindo coa figura de Avelino Pousa Antelo.

O acto celebrarase o vindeiro 20 de agosto, ás 12.00 horas, no Paseo Avelino Pousa, situado na urbanización Os Verxeis, na parroquia de Oza (Teo).

Natural dos Vilares (Guitiriz) e residente durante boa parte da súa vida en Euskadi, Raúl Río desenvolveu a súa actividade profesional en Bizkaia, onde foi sindicalista e traballador. Ao longo da súa traxectoria colaborou en diferentes xornais e revistas de Galicia e do País Vasco, entre eles Galicia, Terra e Tempo, Sermos, Terra Chá, Galicia Dixital, EGIN e Gara.

Ademais da súa faceta xornalística, foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Rosalía de Castro de Barakaldo, entidade dedicada á promoción da cultura galega entre a emigración.

O Caxato de Avelino recoñece cada ano a persoas ou colectivos vinculados á defensa da lingua, da cultura e dos valores que representou Avelino Pousa Antelo.

0.1191520690918