Reabre o museo Monte Caxado con novas pezas

TerraChaXa
O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes abriu de novo as súas portas ao público tras máis dun mes pechado ás visitas.
escola museo monte caxado as pontes
escola museo monte caxado as pontes
14 Feb 2022

O Museo Etnográfico Monte Caxado das Pontes abriu de novo as súas portas ao público tras máis dun mes pechado ás visitas pola alta incidencia da covid no termo municipal.

Os responsables decidiron pechar este museo para evitar a expansión do virus e cando este estaba en apoxeo, a finais de decembro.

O museo recupera o seu horario habitual de martes a venres, de 18.00 a 19.30 horas e os sábados e os domingos de 11.30 a 13.00 horas.

Esta apertura faise cun novos engadidos, como na súa sección da Vella Escola, donde foi incluída unha mesa de mestre que foi cedida polo CEIP San Francisco Javier da Coruña xunto con outras 50 pezas que completan un pouco máis o contido deste museo que volve estar aberto tamén para visitas guiadas.

0.18984389305115