Reabren a inscrición en Guitiriz das clases de baile para persoas maiores
TerraChaXa
As persoas que desexen participar poden anotarse ata o 28 de outubro ou ben ata completar aforo
23 Out 2024
O Concello de Guitiriz oferta de novo as clases de baile para persoas maiores ampliando o rango de idade para os maiores de 45 anos. Esta proposta xa comezou o martes 15 de outubro e celebrarase todos os martes e os xoves ás 18 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro. Hai 5 prazas vacantes.
As persoas que desexen participar poden anotarse ata o 28 de outubro ou ben ata completar aforo. O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros.
As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).