Realizan o xoves un cribado en Guitiriz

TerraChaXa
O Sergas informou de que se realizará un cribado o xoves, 11 de febreiro, destinado ao sector de atención de cara ao público.
9 Feb 2021

O Sergas informou ao Concello de Guitiriz de que se realizará un cribado o xoves, 11 de febreiro, destinado ao sector de atención de cara ao público dos establecementos do municipio para frear a expansión da covid-19.

As probas, que se realizarán no pavillón municipal, poderán realizalas aquelas persoas que durante a súa xornada laboral estean expostas ao público (traballadores e traballadoras de comercios minoristas, supermercados, taxistas...).

Para atender as solicitudes de participación no cribado o Concello habilitou o seguinte número de teléfono: 630 053 350 en horario de mañá e o 659 995 485 atenderá solicitudes en horario de 16:00 a 20:00 horas.

0.18670177459717