Realizan un curso en liña sobre como mellorar a convivencia familiar con adolescentes

LugoXa | TerraChaXa
Está organizado polo servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade
curso-adolescentes-en-lina
5 Out 2024

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro en liña dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a mellora da convivencia familiar con familias adolescentes.

Este obradoiro será impartido de xeito a través da plataforma zoom por María Cano, traballadora social e mediadora familiar de UNAF.

Neste obradoiro abordaranse contidos como a pre-adolescencia e adolescencia (características, fases, cambios, ...), a mediación e os seus valores, estilos educativos familiares e xestión de conflitos, competencias para unha parentalidade positiva e exposición de situacións de dificultade e propostas de mellora.

A data prevista é o  21 de outubro, de 18.00 a 19.30 horas. A información do curso pode obterse no Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte,
Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade e no mail prevenciondrogas@rabade.org. A inscrición faise neste enlace.

values22 18: Array
(
    [user_id] => 0
    [session_id] => 
    [ip] => 3.239.97.34
    [status] => 200
    [site_id] => 3
    [lang] => en
    [lang_code] => en_US
    [browser] => desconocido
    [device] => desktop
    [bot] => 
    [operating_system] => desconocido
    [url_anterior] => 
    [url] => https://terrachaxa.com/news/realizan-un-curso-en-lina-sobre-como-mellorar-a-convivencia-familiar-con-adolescentes/82111/
    [cp_id_anterior] => 
    [cp_id] => 82111
    [date_gmt] => 2024-11-05 15:08:38
    [load_time] => 0.17150497436523
    [views] => 1
)
0.1820650100708