Reciben na Deputación aos xoves manexadores que se impuxeron no concurso internacional

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Dúas veciñas de Castro de Rei, unha da Pastoriza e outra do Páramo formaron parte do equipo español, coordinado desde Galicia
recepcion-deputacion-xovenes-manexadores
18 sep 2024

A deputada Iria Castro recibiu no Pazo de San Marcos as rapazas e rapaces do Club de Xóvenes Gandeiros, premiados no certame internacional de manexo de gando Young Breedes School que se celebrou do 28 de agosto ao 1 de setembro en Bélxica.

Trátase de María e Andrea Otero, da granxa Fontixón, de Castro de Rei, Alba López, da Gandería Quintián, do Páramo, Xabier Montes, de Rodeiro, e Simón Blanco, do Val do Dubra.

A responsable provincial sinalou a necesidade de valorar este tipo de recoñecementos. "É importante que presumades do premio, e que presumades tamén do traballo como gandeiras e gandeiros para animar o relevo xeneracional", explicou a deputada que lembrou a importancia do sector leiteiro na provincia de Lugo, que produce o 40 por cento do leite de Galiza.

Do equipo premiado formou parte tamén Lorena Iglesia, da SAT Rey de Miñotelo, da Pastoriza, que non puido acudir ao acto.

Nesta edición do YBS participaron un total de 180 mozos gandeiros procedentes de todo o mundo, agrupados en 29 equipos. O conxunto español, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros e a Federación Frisoa Galega, coa colaboración de Clun, acadou un fito sen precedentes, ao obter o primeiro posto na clasificación por países, superando a Suíza, que quedou en segundo lugar, e a Polonia, que ocupou o terceiro.

O equipo que representou a España conseguiu o primeiro posto na clasificación por países, superando a 28 equipos de todo o mundo. María Otero, Xabier Montes e Alba López brillaron nos postos máis altos das súas seccións e no ranking xeral. Simón Blanco destacou na súa categoría e alzouse coa segunda mellor puntuación de Europa no exame de morfoloxía, e Andrea Otero e Lorena Iglesia tamén fixeron excelentes actuacións nas súas seccións, acadando uns boísimos resultados.

Durante varios días, os participantes deberon superara probas, desde preparar xatas, pelalas e domalas, ata crear un posto que representase a Galicia baixo a temática do Camiño de Santiago, que incluíu unha representación da Catedral, un vídeo de presentación do equipo e folletos informativos.

0.15142202377319