Recollen doazóns de sangue en Vilalba

TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes, 22 e 23 de maio no Concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños.
doazon sangue
doazon sangue
21 may 2023

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes, 22 e 23 de maio, no Concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas dentro da alameda, ao carón do paco da praza da Constitución.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

doazon sangue vilalba