Recollen doazóns de sangue en Vilalba este luns

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 5 de outubro, no concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na rúa Plácido Peña, diante de Don Dino.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.