Recollen doazóns de sangue este martes en Begonte e Parga

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo no primeiro entre as 10.00 e as 12.00 e no segundo de 12.30 a 14.00 horas
doazon-sangue-camion-sergas
Camión para recoller doazóns
17 Jun 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 18 de xuño, nso concellos de Begonte e Guitiriz para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

No primeiro caso esta´ra de 10.00 a 12.00 horas diante da oficina do Consorcio, diante de Abanca.

Despois, o vehículo prestará servizo en Parga entre as 12.30 e as 14.00 horas no campo da feira.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.14152789115906