Recollen doazóns de sangue este martes en Pastoriza e Abadín

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 18.30 horas na praza do Concello pastoricense e logo, de 19.00 a 21.00 horas, situarase no lateral do colexio abadinés
doazon-sangue-camion-sergas
Camión para recoller doazóns
8 Jun 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 9 de xuño, no concello de Pastoriza para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 18.30 horas na praza do Concello.

A continuación desprazarse ao concello de Abadín, onde estará entre as 19.00 e as 21.00 horas, situado no lateral do colexio.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.12127017974854