Recollen doazóns de sangue este mércores en Xermade

TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 22 de febreiro no Concello de Xermade, para recoller as doazóns
doazon sangue
doazon sangue
20 feb 2023

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 22 de febreiro no Concello de Xermade, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.00 horas en Xermade ao lado do Concello e de 12.30 a 14.00 horas en Roupar, na Casanova diante de Abanca.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

doazon sangue xermade febreiro