Recollen doazóns de sangue este xoves en Castro Ribeiras de Lea

LugoXa | TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo da feira
doazon-sangue
15 Apr 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 16 de abril, na localidade de Castro Ribeiras de Lea, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo da feira de Castro Ribeiras de Lea.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.11973810195923