Recollen doazóns de sangue nas Pontes esta semana

TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará venres e o sábado no Concello das Pontes, para recoller as doazóns dos veciños.
cartel doazón sangue as pontes
cartel doazón sangue as pontes
2 ene 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 3 de xaneiro e o xoves 4 no Concello das Pontes, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo o xoves entre as 10.00 e as 14.00 horas e as 16.00 a 21.00 horas na praza do Carmen. O mércores será só en horario de tarde e no mesmo lugar.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.