Recollen doazóns de sangue o luns en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
O vehículo prestará servizo entre as 12.30 e as 14.30 horas a carón da igrexa
doazon-sangue
19 Apr 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 20 de abril no concello de Riotorto, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 12.30 e as 14.30 horas a carón da igrexa.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.12016105651855