Recollida de plásticos de silos na Pastoriza a final de mes

TerraChaXa
A recollida será na explotación que o solicite os días 27 a 31 de maio
plastico-silo
Plásticos de silo
20 Maio 2024

O Concello da Pastoriza pon en marcha a recollida de plásticos de silos porta a porta. A recollida será na explotación que o solicite os días 27 a 31 de maio.

Os usuarios que estean interesados na recollida de plásticos de silo deberán poñerse en contacto co teléfono 982 332 197, onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda.

Os plásticos deberán estar depositados nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).

0.19838190078735