Recoñecemento o labor de Cruz Vermella na atención aos peregrinos

TerraChaXa
Autoridades loubaron a implicación da Cruz Vermella na seguridade do Xacobeo, con iniciativas como a posta en marcha en Vilalba.
posto primeiros auxilios cruz vermella vilalba2
18 Nov 2021

Autoridades autonómicas e locais loubaron a implicación da Cruz Vermella na seguridade do Xacobeo, con iniciativas como a posta en marcha en Vilalba, onde se encargan de prestar asistencia aos peregrinos no posto situado xunto ao albergue, evitando que teñan que desprazarse ata o centro de saúde.

Durante o verán probouse con éxito un programa de asistencia no Camiño Francés no que colaboraron a Xunta, Cruz Vermella e Mapfre, e que se estenderá o próximo ano a outras rutas. O plan inclúe patrullas móbiles de socorristas que percorrerán o Camiño en bicicleta para prestar acompañamento, asistencia e asesoramento, así como distintos puntos fixos de asistencia como o que funcionou en Portomarín durante o proxecto piloto.

Este servizo, que estará operativo ata 2022, cando remate o ano Xacobeo, permite unha cobertura asistencial máis axil que axuda a desconxestionar o PAC do centro de saúde vilalbés.

A iniciativa, ideada por Cruz Vermella, contou coa colaboración da empresa local Tecnorenova, que cedeu o contedor no que se está atendendo aos peregrinos, un espazo fácil de desinfectar que permite manter comodamente os protocolos covid.

0.19000792503357