Récord de participación no torneo de fútbol burbulla de Baamonde

TerraChaXa
O Cercud de Baamonde acolleu a quinta edicción do torneo de fútbol burbulla que se celebrou con 19 equipos e seguindo o protocolo covid.
torneo futbol burbulla baamonde
3 Aug 2021

Cumprindo todas as normas sanitarias, coa limpeza das burbullas entre cada encontro e a máscara obligatoria en todo o recinto deportivo do Cercud de Baamonde, celebrouse a quinta edicción do torneo de fútbol burbulla.

Un total de 19 equipos de distintos puntos da provincia de Lugo (A Pastoriza, Pol, Guitiriz, Rábade, Meira, Outeiro de Rei, Cospeito, Xermade, Castro de Rei, Rubian, Guntín, Friol, Lugo e Baamonde) e da provincia da Coruña (Aranga, Culleredo, Cerceda, Costa da Norte, A Coruña, Ames, Santiago de Compostela...) participaron neste singular evento, no que tamén houbo un representante de León.

O torneo deu comezo as 9:30 horas e cada 15 minutos ían rotando de partidos. A media mañá os xogadores poideron degustar unhas galletas para coller forzas e continuar os partidos ata chegar á vintena deles as 14:30.

Parada para xantar onde os todos os participantes desfrutaron dun menú de empanadas típicas da zona e de churrasco e lacón, marinado por un viño de Ribeira Sacra ou refrescos. De postre, puré de frutas e para finalizar un café de pota e licor café, todo subministrado por patrocinadores locais.

Ás 16:15 retomábanse os partidos de grupos restantes para a continuación seguir coa elimanatoria ata chegar a final ás 21:30.

O equipo Brugal O Silbato, un dos seis equipos que trouxo a peña arbitral O Silbato da Coruña, levouse a quinta edición do Torneo 3x3 Fútbol Burbulla Cercud Baamonde 2021, despois de gañar por 3 goles a 2 ao Penal 9.5, un dos 4 da Peña de árbitros 9,15 de Lugo.

Todos os participantes recibiron unha medalla e os tres primeros clasificados levaron os seus trofeos e distintos agasallos (Cea no Restaurante Galicia, lote de productos Casa Castelao, clase de pádel en Indoor Vilalba...)

En terceira posición quedou Voltereta Team e Raio Pataqueiro foi cuarto.

0.1693480014801