Regresa a Meira o 5 de maio a ruta de sendeirismo Miño-Eo

TerraChaXa
O Concello de Meira celebrará o domingo 7 de maio a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar cun percorrido de 20 quilómetros.
ruta mino eo meira portada
ruta mino eo meira portada
20 abr 2024

O Concello de Meira celebrará o domingo 5 de maio a Ruta de Sendeirismo Miño-Eo, que terá lugar cun percorrido de 20 quilómetros de dificultade media-alta e inclúe o almorzo.

Esta dará como ás 8.30 horas coa saída diante da igrexa. Pararase en Espido, tras percorrer nove quilómetros, onde se fará o almorzo. Tras un aviutallamento no Piñeiro, a 16 quilómetros do inicio, o final da ruta estará no Estreito, sobre as 14.00 horas, cando se fará o xantar.

A organización recomenda o uso de chaleco reflectante.

Cun prezo de 15 euros, o prazo de inscrición remata o 26 de abril e ten que facerse na Oficina de Turismo, no Concello ou nos teléfonos 618 679 632 ou 982 330 102. Tamén pode usarse a vía electrónico no correo turismo@concellodemeira.com.