Regresa a Muras tras dous anos, a Quedada BTT, que será este sábado

TerraChaXa
Tras dous anos de ausencia, o Club Ciclista Terra Chá recupera a Quedada BTT de Muras, que se celebra na súa V edición e que terá lugar este sábado 27, coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira.
QUEDADA BTT MURAS PORTADA
QUEDADA BTT MURAS PORTADA
23 may 2023

Tras dous anos de ausencia, o Club Ciclista Terra Chá recupera a Quedada BTT de Muras, que se celebra na súa V edición e que terá lugar este sábado 27, coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira.

Trátase dunha proba que constará de 32 quilómetros con 1.000 metros de desnivel positivo.

O percorrido realizarase pola contorna e hai un máximo de 50 prazas para esta actividade. Os interesados en anotarse deben facelo o antes posible. Ten un prezo de 8 euros, que subirá a 24 para aqueles que queiran participar no xantar. O acompañante que desexe sumarse á comida pode facelo por 16 euros.

As inscricións deben facerse na web ccnorte.com. Habará avituallamento e duchas despois da ruta.

QUEDADA BTT MURAS