Regresa este sábado a Foliada de Muimenta

TerraChaXa
A Asociación Aquilino Iglesias Alvariño e o colectivo Pozomouro recuperan a Foliada de Muimenta, no campo da igrexa vella este sábado.
FOLIADA DE MUIMENTA PORTADA
FOLIADA DE MUIMENTA PORTADA
25 Maio 2023

A Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño e o colectivo Pozomouro, en colaboración con Xotramu, a anpa do colexio e a Deputación, recuperan a Foliada de Muimenta, que se desenvolverá no campo da igrexa vella este sábado.

A programación dará comezo ás 19.00 horas cun obradoiro de iniciación á xota. Ademais está prevista a exposición Sacaveiradas, de Fernando Voyeur e Sonao, e a videoproxección Non ás minas na Terra Chá.

Contarán tamén coa actuación de Pandeireteirxs de Muimenta (anpa), Árdelle o Eixo, Beteluma e Lusco Fusco, antes da foliada aberta coa que rematará a sesión.

A organización lembra que haberá caldo e filloas durante a noite.

Esta foliada organízase para recadar fondos para o Festival Pozomouro, que este ano se celebrará na súa terceira edición o 19 de agosto na área recreativa.

FOLIADA DE MUIMENTA
0.16822695732117