Regresan a Friol as Festas de Santa Isabel cun programa cheo de música

LugoXa | TerraChaXa
O broche de ouro a esta edición porase a partir das 20.00 horas do luns cun gran baile final que contará coas actuacións das orquestras Los Player's e Los Satélites
festas-friol
5 Jul 2026

A localidade de Friol presenta o seu programa para a celebración das súas grandes festas na honra a Santa Isabel, que se desenvolverán durante os vindeiros días 11, 12 e 13 de xullo cunha programación cargada de grandes formacións musicais.

Os festexos arrincarán o sábado 11 de xullo cunha sesión vermú programada para as 14.00 horas da man de Nerea Cobas. Pola noite, a música non parará cunha gran verbena na que farán vibrar ao público Dj Casanova e a orquestra Panorama con Panorama City.

A xornada do domingo 12 de xullo comezará á mesma hora co ritmo e a animación da Charanga Eravisto durante a sesión vermú, mentres que a verbena nocturna correrá a cargo de das orquestras Origen e New York.

Para rematar esta fin de semana grande, o luns 13 de xullo a sesión vermú das 14.00 horas estará amenizada polo Dúo Son de Festa. O broche de ouro a esta edición porase a partir das 20.00 horas cun gran baile final que contará coas actuacións das orquestras Los Player's e Los Satélites, nun evento que conta co apoio do Concello de Friol, a Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027.

0.11820316314697