Reigosa acolle a cuarta edición do torneo de tute

TerraChaXa
A comisión de festas de Reigosa, na Pastoriza, organiza o vindeiro sábado 6 de abril o cuarto campionato de tute por parellas.
16 mar 2024

A comisión de festas de Reigosa, na Pastoriza, organiza o vindeiro sábado 6 de abril o cuarto campionato de tute por parellas.

Este evento terá lugar no Centro Sociocultural a partir das 19.00 e a inscrición será 80 puntos por parella coa cea incluída cun máximo de 32 parellas.

Recibirán un premio as catro parellas mellor clasificadas na xeral e as catro da repesca. Recibirán os gañadores da xeral 600 puntos, 300 para o segundo, 100 para o terceiros e 80 para os cuartos.

Na repesca os premios serán de 200, os segundos de 100, 80 para os terceiros e 60 para os cuartos.

Para anotarse hai que falar con Tania (633 255 366), Isabel (610 807 548), Sonia (677 635 558) e Suso (690 338 209)