Reigosa celebrará este sábado o Día das Letras Galegas

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza celebra este 20 de maio as Letras Galegas, "coa que festexamos ter unha lingua propia".
FESTA LETRAS GALEGAS A PASTORIZA REIGOSA PORTADA
19 May 2023

A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza celebra este 20 de maio as Letras Galegas, "coa que festexamos ter unha lingua propia".

"Nós, ao igual que Francisco Fernández del Riego, D. Paco para as amizades, queremos seguir tendo unha cultura propia e única e seguir gozando cada día da súa sonoridade", engaden.

Por iso en Reigosa este sábado día 20 haberá unha festa coa participación dos grupos Son de Lugh, Os Valuros e o Grupo de Música e Baile da Pastoriza. Será a partir das 16.00 horas e haberá unha merenda para todos os asistentes, que tamén contarán con postos de artesanía.

"Soio con língoa propia pode térese unha cultura propia; somentes con cultura propia pódese faguer figura no mundo, pois os pobos con cultura emprestada nin sequera pertecen á historia", engaden utilizando palabras de Fernández del Riego.

FESTA LETRAS GALEGAS A PASTORIZA REIGOSA
0.15822505950928